CLUB FERROL ATLETISMO
Se te apaixoa correr e queres compartir a tu experiencia con outros, non dudes en unirte ó noso clube de atletismo.
¡Arrinca a tempada 2025/2026 co Club Ferrol Atletismo!

Horarios:
- Sub8 (2019 ou posterior): Luns e mércores 17:00-18:00h
- Sub10-Sub12 (2015-18): Luns, mércores e venres 17:00-18:30h
- Sub14-Sub16-Sub18 (2009-2014): Luns, mércores, xoves e venres 18:30-20:00h
Entrenamentos extra os fins de semana fora de pista.
Servizos
O que che ofrecemos
Programas de adestramento para todas as idades e niveis
No Club Ferrol Atletismo, ofrecemos programas especializados para cada etapa do desenvolvemento deportivo, tanto para aqueles que se inician no atletismo como para atletas experimentados que buscan mellorar o seu rendemento. Cun equipo de adestradores cualificados, os nosos programas están deseñados para promover o crecemento deportivo dun xeito seguro, eficiente e individualizado.
Escolas de atletismo
Dirixido a atletas máis novos, este programa céntrase na iniciación deportiva, ensinando os fundamentos do atletismo a través de actividades divertidas e seguras. O noso obxectivo é que os nenos e nenas desenvolvan habilidades físicas básicas, adquiran hábitos saudables e gocen do deporte nun ambiente amigable.
Desenvolvemento técnico
Este programa está deseñado para aqueles que queren mellorar o seu rendemento deportivo, xa sexa con fins competitivos ou como parte dun estilo de vida activo. As sesións inclúen traballo técnico, exercicios de resistencia e plans de adestramento personalizados, todos adaptados aos obxectivos e nivel de cada corredor.
Preparación física
Sabemos que a forza é unha habilidade fundamental para o rendemento deportivo. Este programa de adestramento de forza está deseñado especificamente para desenvolver as capacidades físicas dun atleta, mellorando a resistencia muscular, a potencia e a estabilidade, adaptado ás esixencias de cada disciplina deportiva.
Adestradores cualificados e atención personalizada
Contamos cun equipo de adestradores certificados e experimentados comprometidos en proporcionar orientación personalizada e motivación constante en cada sesión. O noso enfoque na técnica e a seguridade permite que os nosos atletas progresen con seguridade, maximizando o seu potencial e previndo lesións.
Descubre o teu potencial co Club Ferrol Atletismo. Únete a nós e forma parte dunha comunidade adicada a fomentar a paixón polo atletismo en todas as súas formas.







O noso staff

Marcelo Rodríguez

Inés Bereijo

Juan Olaizola

Carlos San José

José Antonio Rodríguez

Carlos Rodríguez
